Wednesday 15 de May de 2024

A Valedora do pobo rexeita as “intolerables” peticións do PP contra o dereito á información da cidadanía


A Valedora do pobo rexeitou e cualificou de “intolerables” as peticións do PP de Oleiros respecto á radio municipal e á participación do alcalde en programas de radio privadas. O PP de Oleiros pretendía que a Valedora do Pobo denunciara ao alcalde por unha suposta malversación por informar á veciñanza a través dos medios propios do Concello e dos medios privados. Tamén querían impedir que o alcalde opinase e defendese a súa ideoloxía libremente, eliminando o dereito á liberdade de expresión.

Alternativa pregúntase se o PP de Oleiros tamén denuncia as inxentes cantidades de diñeiro público que inviste a Xunta de Galicia en medios de comunicación privados, con claros tintes partidistas no seus formatos e cores; ou a participación de outros partidos na TVG e na Radio Galega, chegando a abrir expedientes a traballadores públicos que denunciaron a utilización partidista destes medios.